saúde
saúde
(< lat salūte)
-
[MED]
-
s
f
Estado en que o organismo, libre de enfermidades, exerce de xeito normal todas as súas funcións.
-
saúde pública
Arte e ciencia de organizar e dirixir esforzos da comunidade, coa intención de previr, recuperar e rehabilitar o individuo e obter un óptimo nivel de saúde.
-
s
f
-
s
f
Estado físico e psíquico en que se atopa unha persoa nun determinado momento.
-
s
f
Bo estado ou funcionamento do que goza unha colectividade, entidade ou cousa abstracta.
-
interx
Exclamación que se utiliza para brindar por alguén.
-
interx
Exclamación que se utiliza cando esbirra alguén.
Refráns
- A home sano, culler de pau.
- A moita saúde non é virtude.
- A saúde é a riqueza dos pobres.
- A saúde non e coñecida ata que é perdida.
- Bo tesouro ten o que está de saúde ben.
- Boa mexada, boa cor e tres figas ao doutor.
- Cagar ben e mexar claro e cagallón para o "cirurxiano".
- Cando bos estamos, dos enfermos non nos lembramos.
- Cartas de ausentes son sinais de saúde.
- Co que sana o fígado, enferma a bulsa.
- Come forte, durme forte, caga forte e non teñas medo á morte.
- Corpo que moito se cura pouco dura.
- Dálle tres figas á morte, se mexas claro, cagas duro e peideas forte.
- Deus, que dá o mal, dá o remedio para sanar.
- En comendo moito e en mexando claro, non fagas caso do "cirurxiano".
- En mexando claro, dálle unha figa ao médico e outra ao "cirurxiano".
- Máis vale a saúde có diñeiro.
- Mexa limpo, mexa claro e figa ao cirurxiano.
- Moita parte da saúde e coñecer a enfermidade.
- Mozo é o vello que está sano; e vello é o mozo que está escrequenado.
- O mellor da saúde é cobizala.
- O san ao doente en regra o mete.
- Para pouca saúde vale máis ningunha.
- Pes quentes, cabeza fría.
- Saúde e alegría fermosura cría.
- Se queres criarte gordo e san, a roupa do inverno pona no verán.
- Se queres vivir san, anda abrigado, come pouco e durme en alto.
- Se queres vivir san, faite vello cedo.
- Tarde chega a vello o que de mozo vive como vello.
- Tendo saúde e comendo ben, o traballo non mata a ninguén.
- ¡Déanos Deus saúde: irémola andando!
- ¡Deus nos dea saúde para ir vivindo!
- ¡Haxa saúde e diñeiro, que non faltará humor e compañeiro!