saurio -ria
saurio -ria
(< lat sauru < grσαυρος ‘lagarto’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos saurios.
-
s
m
[ANIMAL]
Réptil da suborde dos saurios.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Suborde de réptiles da orde dos escamosos, de corpo alongado cuberto con escamas córneas e por veces óseas, con cintura escapular e pelviana, normalmente con dous pares de patas pentadáctilas, que nalgúns casos poden faltar ou están atrofiadas (familias dos ánguidos e dos escíncidos). Son animais terrestres que habitan en zonas cálidas, onde permanecen longo tempo tomando o sol. Na estación desfavorable presentan hibernación. Esta suborde comprende 2.700 especies. En Galicia aparecen as familias dos ánguidos, dos escíndidos e dos lacértidos.