sazón

sazón

(

  1. s f

    Grao de humidade ideal dunha terra, abundante ou suficiente para que produza froito, especialmente despois dunha chuvia.

  2. s f

    Estado de madurez ou perfección de algo que cambia ou evolúe, especialmente dun froito.

  3. s f

    Punto axeitado que se lle dá ás comidas, conseguido ao engadir diversos ingredientes.

  4. s f

    Ocasión ou tempo oportuno para realizar algo.

Frases feitas

  • A sazón. Naquel tempo, entón

  • . Estar en/na sazón. Estar no tempo oportuno

  • . Fóra de sazón. Inoportunamente.