Scabiosa

Scabiosa
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das dipsacáceas. Presentan follas opostas, enteiras ou divididas. As flores son zigomorfas e de cores diversas dispostas en capítulos, mentres que o froito é en aquenio. En Galicia aparecen as especies S. atropurpurea e S. columbaria.

Palabras veciñas

Sb | Sbartel | Sc | Scabiosa | Scala, Teatro alla | Scallabis | Scamozzi, Vincenzo