Scarites
Scarites
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos coleópteros, da familia dos carábidos, de dimensións grandes ou medianas, caracterizados polo feito de ter a cabeza moi grande e as mandíbulas arqueadas, grandes e en punta, formando unha especie de pinza moi visible. Habitan nas zonas areosas na beira do mar, onde escavan galerías na area.