Schlieffen, plan

Schlieffen, plan

Plan estratéxico establecido polo xefe do alto estado maior o mariscal de campo Alfred von Schlieffen (Berlín 1833-1913), que foi posto en práctica polo seu sucesor, Helmuth von Moltke, ao declararse a Primeira Guerra Mundial (1914). Prevía cercar o exército francés para ameazar París.   Foi frustrado pola resistencia belga, a intervención británica e a vitoria francesa do Marne.