Schönbrunn
Schönbrunn
Palacio real situado nas aforas de Viena, residencia de verán dos Habsburgo. Construído entre 1695 e 1749, durante os reinados de Leopoldo I e da Emperatriz María Tareixa, segundo planos de J. B. Fischer von Erlach, coa intervención de N. Paccassi, impúxose a racionalidade do clasicismo francés. Destacan a capela, a Grande e a Pequena Galería, a Sala de Cerimonias e os xardíns que o rodean.