Scombrolabrax

Scombrolabrax
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes, da familia dos escombrolabrácidos, de corpo oblongo, lixeiramente deprimido polos costados. Presenta dúas aletas dorsais, postas en contacto, unha aleta anal situada moi atrás, e as pectorais son finas e alongadas. O único representante galego deste xénero é S. heterolepis.

Palabras veciñas

Scolymus | Scomber | Scomberesox | Scombrolabrax | scooter* | Scophthalmus | scordatura*