Scotland Yard

Scotland Yard

Nome co que se coñece a London Metropolitan Police, corpo policial inglés. Fundado en 1829, o seu ámbito de actuación está circunscrito a Londres e aos seus arrabaldes. O nome provén do lugar onde estaban situados os seus cuarteis xerais, Great Scotland Yard, en Whitehall Place.