1 se
1 se
(
-
pron pers
Forma reflexiva do pronome persoal átono de terceira persoa singular e plural.
Ex: Xoán lavouse no río.
-
pron pers
Forma recíproca do pronome persoal de terceira persoa de plural.
Ex: Os nenos bicáronse na cara.
-
pron pers
Forma átona do pronome persoal de terceira persoa que aparece nas construcións impersoais. Con verbos transitivos o pronome indica indeterminación do axente, que pode ser de dous tipos: ou ben impersoal activa, cando o paciente funciona como complemento directo (
Ex: Aquí cómense alimentos frescos) ou impersoal pasiva, cando o paciente funciona como suxeito (Ex: Cómpranse libros). Con verbos intransitivos as construcións impersoais son de indeterminación do suxeito (Ex: Vívese ben alí).