Seara Nova

Seara Nova
[PUBLIC]

Revista publicada en Lisboa a partir de 1921. Subtitulada “Revista de doutrina e crítica. Publicação semanal”, foi dirixida por António Sérgio e editada por Câmara Reis. Nela colaboraron un gran número de intelectuais como Raul Brandão, Câmara Reis, Jaime Cortesão, Augusto Casimiro ou Raul Proença. De carácter crítico, incluíu noticias, artigos, entrevistas e colaboracións literarias, relacionadas con Galicia. Promoveu actos literarios en Lisboa para dar a coñecer autores galegos.

Palabras veciñas

Seara | Seara de Soutelo | Seara Morales, Iago | Seara Nova | Seara, A | Seara, A | Seara, pazo da