secretario -ria

secretario -ria

(< lat secretarĭu)

  1. s

    Persoa que se encarga da administración e funcionamento dunha empresa, organismo ou oficina.

    1. s [DER]

      Persoa encargada de redactar as actas, dar fe dos acordos, redactar as memorias, custodiar os documentos ou escribir a correspondencia dunha corporación, oficina ou asemblea.

    2. s m [HIST]

      Funcionario real encargado da correspondencia secreta e das cartas do selo secreto, a miúdo con funcións administrativas e de goberno.

    3. secretario da administración local / [DER/ADM]

      Funcionario dun corpo con habilitación estatal, responsable da secretaría dun concello ou dunha deputación. É o asesor da corporación, fedatario dos seus actos, xefe do persoal e coordinador dos servizos administrativos.

    4. secretario de estado / [DER/ADM]

      Xefe do órgano superior dun departamento ministerial situado entre o ministro e o subsecretario. Encárgase dunha determinada unidade ou subdivisión respecto da cal exerce directamente funcións que en principio lle corresponden ao ministro e que este expresamente lle delega.

    5. secretario de estado / [DER/POLÍT]

      Ministro principal, nalgúns estados americanos, que fai as funcións de primeiro ministro e ás veces é o encargado dos asuntos exteriores ou outras materias.

    6. secretario de estado / [DER/RELIX]

      Cardeal que preside a secretaría oficial do Estado. Colaborador inmediato do Papa, é tamén prefecto da congregación para os asuntos públicos da Igrexa.

    7. secretario xeral [POLÍT]

      Cabeza ou dirixente principal dalgúns partidos políticos.

    8. secretario xeral / [DER/ADM]

      Xefe do órgano superior dun departamento ministerial con rango de subsecretario, ao que lle corresponden a coordinación e a dirección de competencias específicas e sectoriais.

    9. secretario xeral técnico / [DER/ADM]

      Xefe do órgano encargado da recollida de documentación e de realizar estudos sobre as materias propias dun departamento, como tamén de prestarlle asistencia técnica e administrativa ao seu titular. Ten categoría de director xeral.

    10. secretario xudicial [DER]

      Funcionario público, que forma parte do persoal da administración de xustiza, encargado de dar fe dos actos e as dilixencias dun tribunal. Integrado no Corpo Nacional Titulado Superior, pode ser secretario de sala ou secretario xudicial. Ademais da obriga de actuario, ten o cargo de arquivador de expedientes, asistir aos xuíces e aos tribunais no exercicio das súas funcións e é xefe directo do persoal auxiliar da secretaría.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 120 cm de alto, 110 de longo e 210 de envergadura, que ten as patas moi longas. É gris e negra, coa cara amarela e a pel arredor dos ollos núa e tirando a vermella. Ten unha longa plumaxe eréctil arredor da cabeza. Aliméntase de serpes e de pequenos mamíferos. Habita nas sabanas do centro e do sur de África.

    Sinónimos: serpentario.

Palabras veciñas

secreta | secretaría | secretariado | secretario -ria | secreter | secretina | secreto -ta