Section d’Or

Section d’Or

Grupo de artistas cubistas formado en París en 1912 por J. Metzinger, A. Gleizes, R. de La Fresnaye, F. Léger, F. Picabia, M. Duchamp, F. Kupka e J. Villon. Durante a transición do cubismo analítico ao sintético, rexeitaron a perspectiva clásica en favor de morfoloxías cuboxeométricas planas, para facer unha análise xeométrica da realidade. A favor do dinamismo, criticaban a cor apagada do cubismo dos anos anteriores. Tiveron a súa primeira manifestación pública en outubro (Premier Salon de la Section d’Or) e dispersáronse a raíz da Primeira Guerra Mundial.