sedentario -ria

sedentario -ria

(

  1. adx

    Que implica pouco movemento.

  2. adx

    Que se desenvolve ou ocorre nun mesmo lugar, sen necesidade de desprazamento.

  3. [ETN/SOCIOL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos individuos ou aos pobos que practican o sedentarismo, en oposición ao nomadismo.

    2. s m

      Individuo dun pobo que practica o sedentarismo.

  4. adx [ZOOL]

    Aplícase á orde, á especie ou aos individuos con hábitat fixo ou que permanecen fixos sobre un substrato, plantas, rochas ou cunchas doutros animais, como as esponxas, moitos hidrozoos ou os corais.

  5. [ANIMAL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente aos sedentarios.

    2. s m

      Anélido do grupo dos sedentarios.

    3. s m pl

      Grupo de anélidos poliquetos integrado por animais que teñen o corpo subdividido en diversas rexións con metamerización heterónoma, coas branquias limitadas a un certo número de metámeros e sen trompa evaxinable. Son sésiles, habitan dentro duns canos construídos por eles mesmos ou en galerías escavadas na area. Nútrense de detritos ou de plancto e algúns son comensais ou parasitos.

Palabras veciñas

sedeiro | sedela | sedeño | sedentario -ria | sedentarismo | sedente | sedento -ta