Sedna

Sedna
[ASTRON]

Planetoide de pequeno tamaño, situado no eixe externo do Sistema Solar a máis de 12.870 millóns de quilómetros da Terra. É de cor vermella e brillante, de rocha e xeo e ten entre 287 e 1.770 quilómetros de diámetro. Describe unha órbita elíptica arredor do Sol e tarda 10.500 anos en completala. Foi descuberto o 14 de novembro de 2003 polos científicos M. Brown, C. Trujillo e D. Rabinowitz.