Segadors, Guerra dels
Segadors, Guerra dels
Levantamento secesionista catalán (1640-1652) que tivo lugar durante o reinado de Filipe IV. De carácter social e popular orixinouse como resistencia a cooperar coa monarquía austríaca na guerra contra Francia. Rematou coa caída de Barcelona en mans de Xoán Xosé de Austria (1652), aínda que non se saldou definitivamente ata o Tratado dos Pireneos (1659), coa anexión de Francia dos condados de Rosellón e Sardeña.