seguidilla

seguidilla

(< cast seguidilla)

  1. s f [LIT]

    Estrofa que presenta dous tipos fundamentais: un formado por catro versos heptasílabos e pentasílabos alternados, con esquema 7a 5b 7c 5b; e o outro, de sete versos, que engade tres aos anteriores e que riman segundo o esquema 5d 7e 5d.

  2. s f [MÚS]

    Canción popular española de carácter alegre e vivo que se acompaña de guitarra e castañolas ou baile que corresponde a este canto, variante máis rápida ca o bolero, escrita en compás ternario 3/4 e 3/8. Iníciase cun preludio instrumental e un interludio chamado falsete que separa as diferentes estrofas. As máis características son as orixinarias de Castela-A Mancha, Murcia, Sevilla e València.