Segundeira, serra
Segundeira, serra
Sistema montañoso que forma o límite entre o concello da Veiga e a provincia de Zamora. Está formado por bloques fracturados e elevados, resultado da intensa erosión e a posterior incisión fluvial, que quedaron marcados polo glaciarismo cuaternario. Acada os 1.492 m no alto do Torno.