seguro -ra

seguro -ra

(< lat secūru)

  1. adx

    Que está protexido de calquera mal ou perigo.

  2. adx

    Que non comporta risco ou perigo.

  3. adx

    Que merece toda a confianza.

  4. adx

    Que non admite dúbida ou erro.

  5. adx

    Que é moi difícil de manipular ou forzar.

  6. adx

    Que é estable e non cae por estar ben suxeito.

  7. adx

    Que está cheo de confianza.

  8. adx

    Que ten a certeza ou seguridade absoluta de algo ou de alguén.

  9. adx

    Que durará ou se conservará.

    1. s m

      Contrato aleatorio de carácter oneroso cuxa finalidade é a cobertura dun ou máis riscos determinados no caso de que aconteza un sinistro. A orixe dos seguros provén dos contratos de seguros marítimos medievais, que posteriormente se estenderon a diferentes eidos: incendios, vida e fuga dos escravos ou de viaxes. O risco de enfermidade e vellez foi cuberto desde o s XIV polas confrarías gremiais e, en canto ás aseguradoras de vida, fundamentáronse nos traballos de Pascal e Bernoulli -sobre o cálculo de probabilidades- e nos do astrónomo británico E. Halley sobre a duración media da vida humana. Logo xurdiron o resto das aseguradoras, como as de accidentes de traballo ou de automóbiles.

    2. seguro marítimo

      Seguro de intereses ou danos que ten por obxecto cubrir un barco (seguro de buque ou de cascos) e as mercadorías cargadas por este (seguro sobre facultades). Pode distinguirse, en canto á duración, entre seguro por tempo ou por viaxe.

    3. seguro privado

      Contrato bilateral, formalizado a través dunha póliza, polo que o asegurado se fai prometedor dunha remuneración -en caso de suceder un accidente-, que lle será concedida polo asegurador, que toma a cargo seu o conxunto de riscos dos asegurados e os compensa de acordo coas leis de estatística. En atención á natureza da súa función reparadora, as aseguradoras divídense en: aseguradoras de intereses, patrimoniais ou de danos (seguro marítimo, de incendio, de roubo e atraco), aseguradoras de reclamación de danos (multirriscos) e as aseguradoras de persoas (seguros de vida, enfermidade ou defunción).

    4. seguro social

      Tipo de seguro que comporta a garantía contra os riscos persoais que poden afectar aos individuos na súa capacidade de traballo e, consecuentemente, na renda das súas familias. Inclúe os seguros de vellez, invalidez, viuvez, accidentes de traballo, enfermidade (profesional ou común), maternidade, orfandade e paro forzoso. En moitos países os seguros sociais están integrados nun réxime ou sistema de Seguridade Social.

  10. s m

    Dispositivo que serve para fixar ou asegurar unha máquina ou aparato.

  11. adv

    Con seguridade.

Frases feitas

  • O máis seguro. O máis probable.

  • Seguro de si. Con absoluta confianza en si mesmo.

Palabras veciñas

Segura Torrella, Ricardo | seguranza | seguridade | seguro -ra | Sei Shōnagon | Seibo, El | seica