1 seita

1 seita

(

  1. s f [SOCIOL]

    Comunidade de carácter minoritario e fortemente exclusivista, cuxos membros se rexen por crenzas, motivacións e valores diferentes aos dominantes da sociedade na que están incluídos e respecto da que observan unha actitude de rexeitamento ou hostilidade máis ou menos manifesta. Unha das súas características máis comúns é a relación absorbente da organización respecto aos seus adeptos, para garantir a fidelidade, polo que empregan mecanismos psicolóxicos destinados a conseguir a dependencia e a dispoñibilidade total.

  2. s f [RELIX]

    Denominación, imprecisa e despectiva, que se lles dá ás comunidades relixiosas minoritarias separadas dunha confesión maioritaria ou dunha relixión oficial establecida.

  3. s f

    sociedade secreta.

Palabras veciñas

Seis, grupo dos | seiscentos -tas | seísmo | 1 seita | 2 seita | seitura | seiturar