selección
(< lat selectĭōne)
-
-
s
f
Acción e efecto de seleccionar.
-
selección artificial
[BIOL]
Elección dos reprodutores que levan determinadas características para que se conserven na descendencia.
-
selección biolóxica
[BIOL]
Selección que permite sobrevivir a certos organismos adaptados a unhas condicións ambientais cambiantes a causa da produción de mutantes non letais como resultado de cambios de secuencia de bases do xenoma.
-
selección clonal
[BIOL]
Hipótese segundo a que todas as células formadoras de anticorpos son xeneticamente idénticas pero que se presentan en moitos tipos diversos (clons), dos que cada un ten a capacidade de formar un só tipo de anticorpo cunha secuencia de aminoácidos característica.
-
selección natural
[BIOL]
Mecanismo principal dos cambios evolutivos nos seres vivos, proposto por Ch. Darwin en 1859 na obra On the Origin of Species, segundo o que o feito de que nas poboacións naturais subsistisen os individuos máis eficientes é consecuencia da loita pola vida e da supervivencia do máis apto. Nos organismos prodúcense certas variacións que representan algunha vantaxe para o individuo, que ten máis éxito reprodutivo e aumenta a súa descendencia. Por medio da acumulación sucesiva das variacións nunha mesma dirección, pode chegar a producirse, finalmente, unha nova especie. Co desenvolvemento da xenética observouse que as variacións corresponden a mutacións e que a selección natural actúa como unha criba de mutantes, que se seleccionan pola súa eficacia biolóxica. O valor de adaptación dun xenotipo depende do medio en que vive o seu portador, e entre todos os mutantes producidos ao azar, o medio selecciona aos que, casualmente, están mellor adaptados a ese ambiente concreto. Cuantitativamente, o proceso de evolución dos seres vivos sobre a terra pode explicarse por medio da mutación e da selección natural, xunto coa migración ou fluxo xenético entre as poboacións e a deriva xenética.
-
s
f
-
s
f
-
Conxunto de varias persoas ou cousas seleccionadas.
-
[DEP]
Equipo formado polos mellores xogadores de varios equipos.
-