selenio

selenio

(

  1. [QUÍM]
    1. s m

      Elemento non metálico de número atómico 34 e peso atómico 78,96, que pertence ao grupo VIA da táboa periódica. Foi descuberto en 1817 por J. J. Berzelius ao intentar unha síntese de ácido sulfúrico. Coñécense 6 isótopos naturais estables do selenio e 14 radioisótopos artificiais. É un elemento raro, que constitúe o 10-4% do peso da codia terrestre. Atópase raramente nativo, asociado con xofre, e os seus minerais máis importantes son algúns seleniuros. Das súas propiedades físicas destaca a fotocondución e o aumento da súa resistencia eléctrica coa temperatura. O descubrimento destas propiedades permitiu o desenvolvemento da célula fotoeléctrica. É atacado facilmente polos ácidos sulfúrico e nítrico concentrados e é disolto nos álcalis concentrados. As súas aplicacións máis importantes son: en electrónica, para a fabricación de células fotoeléctricas e rectificadores de corrente, na industria do vidro, para dar color de rubí, e na metalúrxica, como aditivo do aceiro para mellorar as súas propiedades mecánicas. Tanto o selenio como os seus compostos son altamente tóxicos.

    2. dióxido de selenio [SeO 2 ]

      Pos cristalinos amarelados, solubles en auga e en alcohol, que se aplican en síntese orgánica como oxidante, en medicina como antioxidante, e en análise química. OBS: Tamén se denomina anhídrido selenioso.

  2. compostos orgánicos do selenio [QUÍM]

    Conxunto de compostos orgánicos en que está presente o selenio, xeralmente de xeito análogo ao osíxeno, é dicir, forman selenois (R-SeH), seleniuros (R 1 -Se-R 2 ), selenoaldehidos e selenocetonas, ácidos selenocarboxílicos ou selenóxidos.

Palabras veciñas

seleni- | selénico -ca | selenífero | selenio | selenioso -sa | selenita | selenito