selo
(< lat sigillu)
-
s
m
[FILAT]
Anaco de papel estampado cunha figura e con indicación do seu importe, que presenta o reverso engomado para adherirse unha vez mollado, emitido por unha administración postal e destinado a franquear os envíos confiados aos servizos de correos. A natureza, as características e outras variacións son obxecto da filatelia. O primeiro antecedente dos selos de correos data de 1653 e foi debido ao conselleiro do parlamento de París Renouard de Villayer. Consistía nun billete ou boleto, absolutamente independente da carta, segundo o que se acreditaba que o pagamento da taxa do correo fora efectuado polo remitente. O selo de correos tal e como é coñecido actualmente é debido aos ensaios que entre 1834 e 1838 efectuou o británico James Chalmer, e a súa utilización iniciouse en Gran Bretaña (1840), grazas á iniciativa de Rowland Hill.
-
s
m
-
Utensilio, de metal ou caucho, que leva gravado en relevo signos propios dunha persoa ou institución, para estampalos a presión nunha materia branda ou, previamente tinguidos nun tampón, imprimilos nun papel, e que serven para identificar a propiedade dunha cousa ou garantir a autenticidade ou validez dun documento.
-
Marca de tinta ou impresión que se fai cun selo.
-
-
s
m
Anel en que se gravan as iniciais do dono ou o escudo familiar.
-
s
m
[CONSTR]
Marca de fábrica que serve para indicar a datación e a procedencia dunha peza de cerámica,de tellas ou de ladrillos.
-
s
m
Característica propia de algo ou alguén que o diferenza do resto.
-
selo de Salomón
[HIST]
estrela de David.
-
selo discográfico
[MÚS]
Firma ou casa comercial que edita discos.