semana
(
-
-
s
f
[CRON/HIST/RELIX]
Período de sete días naturais que comeza en luns e acaba en domingo. Segundo o cómputo antigo e cristián vai de domingo a sábado. Unidade de calendario difusa en todos os países de influencia xudeocristiá e islámica, ligada orixinariamente ás fases da lúa, foi introducida para dividir o ciclo mensual e para establecer dunha maneira precisa a recorrencia periódica dos ritos relixiosos, dos mercados e doutros acontecementos. Descoñecida en Exipto e en Roma, naceu entre os caldeos. O día 15 denominábase xabattu (día de lúa chea ou día de repouso), que está na orixe do šabbath dos hebreos. Estes estableceron o ciclo semanal continuo, que non era interrompido nin polo comezo do ano nin polo do mes. Os nomes dos días de orixe astrolóxica proveñen do calendario caldeo. Os hebreos, os musulmáns e tamén o calendario litúrxico numeran os días do 1 ao 7 e reservan soamente para os festivos respectivos o seu nome propio: sábado, domingo (dies dominica, día do Señor) e, entre os musulmáns, o venres denominado al-ǧum’a (día da reunión).
-
entre semana
En calquera día da semana que non é nin o primeiro nin o último.
-
s
f
[CRON/HIST/RELIX]
-
s
f
Espazo de tempo que comprende sete días.
-
semana santa
[RELIX]
-
Última semana de coresma que se inicia co Domingo de Ramos e finaliza co Triduo Pascual. Caracterízase pola commemoración solemne da morte e resurrección de Xesús. Os actos relixiosos tiveron, ademais do seu sentido litúrxico, un marcado carácter popular e folclórico. Comezaban propiamente o Martes Santo. No Xoves Santo, a mañá estaba destinada ás cerimonias da catedral, como a bendición dos santos óleos e reconciliación dos pecadores, e a preparar os pasos e misterios ou imaxes para facer as procesións. A partir das dez da mañá as campás deixaban de tocar ata a mesma hora do Sábado de Gloria. Á tarde celebrábase o oficio de tebras, durante o que se ían apagando os cirios de tebras. Acabada a función relixiosa encendíase o monumento, ao que cada casa prestaba un cirio e flores. Ao atardecer facíase a primeira das grandes procesións, cos pasos ou misterios, armados, asistencia de corporacións e grandes despregamentos externos. O Venres Santo era un día de dó absoluto, cheo de prácticas e supersticións. O Sábado de Gloria celebrábase tumultuosamente, con campás e o canto do aleluia. As cerimonias litúrxicas que se celebraban na alba non foron nunca moi populares. A festa da Pascua pechaba a Semana Santa. Despois da renovación litúrxica promovida polo Concilio Vaticano II perdéronse a maioría dos antigos costumes. OBS: Nesta acepción escríbese en maiúscula.
-
Libro litúrxico que contén os oficios propios da Semana Santa.
-
-
semana inglesa
Semana laboral que comeza o luns e acaba o sábado ao mediodía.
-
semana social
[HIST]
Ciclo de conferencias que reuniron os principais teóricos do obrerismo católico en España. As primeiras celebráronse entre 1906 e 1912, impulsadas especialmente por Antoni Vicent, en Madrid (1906), València (1907), Sevilla (1908), Santiago de Compostela (1-7 de xullo de 1909), Barcelona (1910) e Iruña (1912). Mentres que a primeira se ocupou sobre todo de cuestións doutrinais, as restantes insistiron na discusión dos problemas sociais no campo, coa excepción da de Barcelona, que se preocupou da situación do obreiro industrial. Durante a Segunda República, Severino Aznar conseguiu a celebración dunhas novas semanas en Madrid (1933), en Zaragoza (1934) e noutras cidades.