semasioloxía
semasioloxía
(< grσημασία ‘significación’+ -loxía)
s
f
[LING]
Parte da semántica que estuda os significantes ou conceptos dos signos lingüísticos a partir dos seus significados, en oposición á onomasioloxía, que trata dos significantes ou denominacións que se lles poden atribuír aos conceptos ou significados. No proceso de comunicación entre interlocutores, o receptor do signo, nun procedemento semasiolóxico, parte do significante e interprétao para chegar ao significado ou concepto.