semellanza

semellanza

(< semellar)

  1. s f

    Calidade de semellante.

  2. s f

    Aquilo que fai que unha cousa sexa semellante a outra.

  3. s f [MAT]

    Transformación xeométrica T de O en O tal que a distancia entre as imaxes de dous puntos calquera é igual á distancia entre estes dous puntos multiplicada por unha cantidade constante positiva denominada razón da semellanza. Dúas figuras denomínanse semellantes se hai unha semellanza que transforma unha na outra. As semellanzas conservan a forma das figuras, pero cambian a magnitude, ancheándoa ou reducíndoa segundo a razón sexa respectivamente meirande ou menor que 1. As semellanzas de razón 1 chámanse isometrías ou movementos ríxidos. As homotecias son exemplos típicos de semellanzas. As semellanzas que conservan a orientación chámanse directas ou propias, e as que a cambian chámanse indirectas ou impropias. Toda semellanza ten un punto fixo, denominado centro de semellanza.

  4. semellanza dinámica [FÍS]

    Correspondencia entre os efectos causados por todas as forzas que actúan sobre o modelo de laboratorio e os causados por todas as forzas correspondentes que actuarían sobre o modelo a escala real.

  5. teoría da semellanza [TECNOL]

    teoría de modelos.

Palabras veciñas

seme | Sémele | semellante | semellanza | semellar | semema | Semen Up