semiconsoante

semiconsoante

(< semi- + consoante)

s f [LING]

Articulación intermedia entre fricativa e vogal que se produce durante a emisión do primeiro membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima pechazón e outro de máxima abertura, que se corresponde coa vogal que forma o núcleo do ditongo silábico; por exemplo, [j] en piano [‘pjano].