semiuncial

semiuncial

(

  1. adx [NUMIS]

    Aplícase ao sistema monetario promulgado en Roma pola lei Plautia-Papiria en 90 a C

  2. escritura semiuncial [ESCR]

    Aplícase ao tipo de escritura latina derivada da capital romana clásica, transformando o cambio de ángulo de escritura, que de pechado pasou a recto, o que provocou a alteración dos grosores e das finuras das letras, así como que algunhas pasasen a novas formas, converténdose en tipo minúsculo. Adoptada a finais do s II, o nome xurdiu no s XVIII cando se pensou que derivaba da uncial, como se fose a metade. Modernamente denomínase romana comuna nova. A semiuncial está na orixe da carolinxia que, imitada pola humanística, deu a letra de imprenta chamada de caixa baixa.

Palabras veciñas

semitista | semitón | semitransparente | semiuncial | semivida | semivocálico -ca | semivogal