senadoconsulto
senadoconsulto
(< lat senatusconsultu)
s
m
[DER/HIST]
Decisión senatorial en resposta á moción ou á consulta dun maxistrado na antiga Roma. O texto transcribíase no diario oficial e depositábase no aerarium Saturni. Comezou como un simple ditame ou parecer ao que podían non facer ningún caso os maxistrados, e só tivo forza executiva, de lei, no Imperio. Un maxistrado competente, sempre un tribuno, podía facer uso, durante a República, do seu dereito de intercesión ou de veto contra un senadoconsulto.