sensación

sensación

(

  1. s f [FISIOL]

    Percepción dunha impresión recibida na periferia por un nervio sensitivo que a transmite dos órganos dos sentidos aos centros nerviosos.

    Sinónimos: sentimento.
    1. s f [FILOS/PSIC]

      Impresión causada no suxeito mediante os sentidos. Como un momento primario do proceso cognoscitivo, diferente da percepción, a sensación non se dá no home independentemente desa percepción e é á vez ordenada coa mesma aprehensión intelectual. Obxecto, en Kant, da estética transcendental, o feito de que esta siga unha parte da Kritik der reinen Vernunft manifesta a mutua relación intrínseca e á vez a relativa distinción dos momentos que integran o proceso cognoscitivo. O mesmo tratamento fixo Hegel. Polo que se refire á comprensión psicolóxica da sensación, enténdese a experiencia sensible como resultado dun estímulo e da súa recepción activa por parte do correspondente centro cerebral específico. Contemporaneamente, a psicoloxía deu un novo pulo ás investigacións sobre a sensibilidade. Os traballos experimentais sobre as sensacións tratan xeralmente sobre os tipos de estímulos, sobre os linteis de sensibilidade, sobre a adaptación dos sentidos e sobre as bases fisiolóxicas da sensación.

    2. sensación consecutiva

      Prolongación dunha vivencia sensorial, cando o estímulo externo xa non actúa (efecto postimaxe).

  2. s f

    Sentimento que afecta ao espirito.

    Ex: A festa produciulle unha gran sensación de alegría.

  3. s f

    Impresión forte de sorpresa, estupor ou admiración que causa algunha cousa.

    Ex: O seu peiteado causou sensación.

Frases feitas

  • Ter a sensación de. Ter o presentimento de.