Sensat, pazo

Sensat, pazo

Construción situada en Alcabre (Vigo). Erixido en 1850, ten planta irregular con soto e unha altura. Posúe a máis importante colección de escudos heráldicos de Galicia. Foi reformado e, xunto cun edificio novo, constituíu un complexo hoteleiro.