sensibilidade
(
-
s
f
Calidade de sensible.
-
s
f
-
Facultade de sentir ou capacidade de percibir polos sentidos, mediante a sensación.
-
Ámbito do coñecemento determinado pola actividade sensible ou sensorial.
-
-
s
f
Capacidade para percibir e expresar determinadas sensacións afectivas e artísticas.
-
s
f
[IMAX]
Rapidez coa que se transforma a imaxe latente ou a imaxe visible nunha emulsión fotosensible sometida á acción da luz ou doutras radiacións actínicas.
-
s
f
[QUÍM]
Relación entre o incremento do sinal analítico mesurado e o incremento de concentración correspondente da substancia determinada.
-
s
f
[TECNOL]
Calidade dun mecanismo ou dun dispositivo, de ser accionado por unha magnitude máis ou menos grande do axente de accionamento.
-
coeficiente de sensibilidade
[AUTOM]
-
Capacidade dun dispositivo para responder a unha excitación que se mide polo cociente entre a magnitude da resposta do instrumento e a magnitude do sinal que hai que medir.
-
Excitación mínima ou limiar necesaria para que se produza unha resposta sensible.
-
Relación entre a variable relativa dunha determinada calidade dun sistema coa variación relativa do parámetro que a promove. Aplícase no estudo dos filtros e sistemas de control. OBS: Tamén se denomina función de sensibilidade.
-
-
sensibilidade dun aparato de medida
[METROL]
Mínima variación que pode ser apreciada na indicación sobre a escala de lectura do aparato por unidade de magnitude medida.