sentar

sentar

(

  1. v t

    Poñer a alguén coas nádegas apoiadas nun sitio e as pernas flexionadas de maneira que o seu corpo descanse sobre a parte inferior do tronco.

    Ex: Senta o neno que lle vou poñer os zapatos.

  2. v t

    Facer que algo quede ben colocado sobre outra cousa nunha posición estable e firme.

    Ex: Hai que sentar mellor aquelas columnas.

    Sinónimos: asentar.
  3. v t

    Fixar ou establecer unha idea ou un concepto.

    Ex: Hai que sentar as bases do partido.

  4. v i

    Estar alguén apoiado coas nádegas nun sitio e as pernas flexionadas de maneira que o seu corpo descanse sobre a parte inferior do tronco.

    Ex: Sentou e comezou a ler o libro.

  5. v i

    Causar algo unha sensación determinada no estado de ánimo ou na saúde de alguén.

    Ex: Eu non quero pastel que me senta mal.

  6. v i

    Resultar algo máis ou menos adecuado ou apropiado a algo ou alguén.

    Ex: Esa cor non lle senta nada ben.

  7. v pron

    Poñerse alguén coas nádegas apoiadas nun sitio de maneira que quede descansando sobre elas.

    Ex: Sentouse porque estaba cansa.

Frases feitas

  • Sentar a cabeza. Facerse formal unha persoa que non o era.

Refráns

  • Ben criado ou mal criado, de nove meses o neno sentado.
  • Dáme onde me sente, que eu farei onde me deite.
  • De neno ou de vello non te sentes no penedo.
  • Nin de moza nin de vella has de sentarte na pedra.
  • Non lle digas ao vello: ¡Séntate!, nin o mozo: ¡Érguete!
  • O que ao sentarse di ¡ai! e ao erguerse di ¡opa!, non o quero á miña porta.
  • O que primeiro chega primeiro se senta.
  • O que tarde chegou, de pe quedou e non se sentou.

Palabras veciñas

sentada | sentado -da | sentadoiro | sentar | sentenciar | sentencioso -sa | sentenza
Conxugar
VERBO sentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sento
sentas
senta
sentamos
sentades
sentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentaba
sentabas
sentaba
sentabamos
sentabades
sentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentei
sentaches
sentou
sentamos
sentastes
sentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentara
sentaras
sentara
sentaramos
sentarades
sentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentarei
sentarás
sentará
sentaremos
sentaredes
sentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentaría
sentarías
sentaría
sentariamos
sentariades
sentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sente
sentes
sente
sentemos
sentedes
senten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentase
sentases
sentase
sentasemos
sentasedes
sentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentar
sentares
sentar
sentarmos
sentardes
sentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
senta
-
-
sentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sentar
sentares
sentar
sentarmos
sentardes
sentaren
Xerundio sentando
Participio sentado
sentada
sentados
sentadas