Seor Pedro, O

Seor Pedro, O
[PUBLIC]

Colección de pregos publicados en Santiago de Compostela entre 1840 e 1862. Referidos á actualidade de Compostela, apareceron numerados e escritos con romances en galego, composicións que se atribúen a Manuel Fernández Magariños. O título facía referencia a un personaxe popular que aparecía na portada, subido a un palleiro e recitando.