SEPRONA
SEPRONA
Nome científico:
[Servicio de Protección de la Naturaleza]
Servizo da Garda Civil creado para velar polo cumprimento das disposicións que tendan á conservación do medio natural. Desenvolve, entre outras actividades, a comprobación do estado de conservación dos recursos hidráulicos, xeolóxicos e forestais, colabora na prevención de incendios, vixía o grao de contaminación e nivel de radioatividade do medio natural atmosférico e impide toda actividade que poida degradar o espazo natural.