sequoia
(< lat científico Sequoia)
-
s
f
[PLANTA]
Árbore perennifolia, robusta, verde, de ata 100 m de altura, coa copa piramidal, pólas abundantes e caídas, e tronco groso e columnar. As follas son aciculares, lineares, planas e de cor verde escura pola face e dúas bandas brancas polo envés, flores masculinas amarelas nos extremos das pólas, as femininas ovais e de cor verde, os conos son ovoides e con escamas leñosas. Florece entre xaneiro e marzo e madura no outono do mesmo ano. É orixinaria da costa pacífica de EE UU, desde California a Oregón. En Galicia atópase como planta ornamental en parques e alamedas. É unha das árbores máis altas do mundo e tamén das máis lonxevas, superando os 1.000 anos. OBS: Tamén se denomina sequoia vermella.
-
sequoia xigante
[PLANTA]
Árbore perennifolia, de ata 90 m de altura, coa cortiza grosa e agretada, follas pequenas, punzantes, dispostas en espiral e de cor verde escura, conos masculinos solitarios e terminais e os femininos ovoides. Florece ao final do inverno ou principios da primavera. É orixinaria de Sierra Nevada (California). En Galicia atópase como planta ornamental nalgúns parques.