SERGAS

SERGAS
Nome científico: [Servizo Galego de Saúde]

Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, creado en 1989. Está encargado de facilitar os servizos de prevención, asistencia e rehabilitación sanitario-sociais desde a dirección dos servizos sanitarios públicos, dependentes da comunidade autónoma. Asumiu a transferencia do INSALUD (1991) e asumiu a construción de novos centros de atención primaria e hospitais. Ten ao redor de 500 centros de atención primaria e hospitais propios en cada área sanitaria en que se divide o territorio galego e desenvolve tamén unha actividade docente e investigadora.