serpentaria
serpentaria
Nome científico:
[Dracunculus vulgaris, Fam das aráceas]
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea vivaz, que pode acadar os 100 cm de altura. É tuberosa, fétida, de escapo serpentino, de follas pedatisectas e de inflorescencia en espádice. Ten a espata lívida e o eixe de cor púrpura denegrido. O seu tubérculo ten propiedades medicinais.