sésamo
sésamo
(< lat sesămu < grσήσαμον)
-
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea anual, de follas simples opostas, de flores cigomorfas, infundibuliformes e quinquelobuladas, e froitos en cápsula. Das sementes extráese un aceite comestible de alta calidade.
-
aceite de sésamo
[ALIM]
Aceite que se obtén das sementes de sésamo previamente purificadas. É amarelo, comestible, de sabor agradable e emoliente. A torta residual, despois da súa obtención, é unha fonte de proteínas de interese nutritivo.