sexual
sexual
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao sexo.
-
adx
Que ten sexo, que é macho ou femia.
Antónimos: asexual. -
desviación sexual
[PSIC]
Forma de comportamento sexual que non coincide coa que se considera máis característica dunha especie determinada con relación á reprodución. Na especie humana, acostúmase considerar como desviacións os comportamentos que comprometen seriamente a dimensión relacional do sexo, como poden ser o sadomasoquismo, o fetichismo, a zoofilia ou certas formas de exhibicionismo.
-
enfermidade de transmisión sexual
[PAT]
Enfermidade adquirida por contacto sexual, que afecta principalmente aos órganos xenitais, como a sífile, a blenorraxia e o granuloma venéreo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].