Sforza
Liñaxe nobre italiana iniciada por Muzio Attendolo (1369-1424), que recibiu o sobrenome de lo Sforza. De tres dos seus fillos saíron as tres liñas da liñaxe. A liña dos condes de Santa Fiora, apelidados desde 1673 Sforza-Cesarini , foi iniciada por Bosio I Sforza (?-1476), conde de Cotignola (1466). Nesta liña sobresaíu o cardeal Guido Ascanio Sforza e o seu irmán Sforza Sforza (?-1571?), cabaleiro do Toisón de Ouro e almirante, que participou na Batalla de Lepanto. A liña ducal de Milán (ilexítima) estivo formada polo duque Francisco I de Milán, conde de Ariano (1417) e pai do cardeal Ascanio Maria Sforza , do duque Luís I de Milán, e do duque Galeás Maria I de Milán. O duque Luís I foi sucedido polos seus fillos Maximiliano I de Milán (?-1530) e Francisco III de Milán, cuxa morte sen descendencia fixo que o ducado fose unido ao Imperio, a pesar das protestas do seu irmán Gianpaolo I Sforza e primeiro conde de Galliate (1532) iniciador da liña branca ilexítima dos marqueses de Caravaggio, grandes de España desde 1703, que se extinguiu á morte (1717) da oitava marquesa e cuxa herencia pasou aos seus descendentes, os Sinzandorf. A liña branca ilexítima dos condes de Borgonovo foi comezada por Sforza Secundo Sforza (?-1491), fillo ilexítimo do duque Francisco I, e extinguiuse en 1680, mais orixinou a subbranca dos condes do Castel San Giovanni, na que destacou o conde Carlo Sforza . A liña ilexítima dos señores de Pesaro, extinguida en 1519, estivo formada por Alessandro Sforza , e destacou o seu neto Giovanni Sforza (?-1510), que en 1493 casou por segunda vez con Lucrecia Borja.