SGTE Informa
SGTE Informa
[PUBLIC]
Boletín mensual de carácter sindical editado en Vigo a partir de 1985. Subtitulouse “do Sindicato Galego de Traballadores do Ensino”. Incluíu artigos referentes ao mundo escolar, preferentemente do ensino público, información sobre xornadas e congresos pedagóxicos, datos sobre eleccións sindicais e mobilizacións. A partir de setembro de 1990 iniciou unha nova etapa co título de Escola Pública Galega.