siamés -sa
siamés -sa
(< topónimo Siam)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao antigo Siam, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante do antigo Siam.
-
s
m
[LING]
tai.
-
adx
-
gato siamés
[ZOOL]
Gato de orixe asiática, de talle mediano, co corpo alongado e esvelto, a cola rematada nunha punta estreita e coa cabeza triangular e os ollos azuis. O pelo é curto e de cor crema ou gris con marcas máis escuras na zona da cara, orellas e patas.
-
irmáns siameses
[PAT]
Irmáns xemelgos que nacen unidos por algunha parte do seu corpo. Aplicóuselle por primeira vez a dous xemelgos de Siam unidos polo tórax, Eng e Chang, que viviron sesenta e tres anos (1811-1874) e tiveron vinte e dous fillos.