Sicilia, campaña de
Sicilia, campaña de
Conxunto de operacións militares da Segunda Guerra Mundial mediante as que os aliados ocuparon a illa de Sicilia (10 de xullo-17 de agosto de 1943). Despois dun intenso bombardeo e de conquistar tres illas próximas, as forzas angloestadounidenses comandadas polos xenerais Eisenhower e Alexander desembarcaron no S e o SL de Sicilia. A campaña rematou coa ocupación de Messina.