siciliano -na

siciliano -na

(< topónimo Sicilia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Sicilia, aos seus habitantes ou a súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Sicilia.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo siciliano.

    2. s

      Individuo do pobo siciliano.

    3. s m pl

      Pobo indoeuropeo procedente das costas de Grecia que colonizou a illa de Sicilia. Aínda que se supón que esta terra xa estaba habitada desde o Pleistoceno, segundo os antigos, os sículos e os sicanos déronlle unha certa organización e un certo desenvolvemento ata a colonización grega. Hai moi pouca información sobre a súa civilización, á parte dalgúns restos de santuarios preto de Palagonia e de Hiblea.

  2. s m [LING]

    ariedade lingüística italiana do grupo meridional extremo. O E e O tónicos convertéronse en I e U (TELA > tila ‘tea’; SOLE > sule ‘sol’), e o LL latino pasou a ser cacuminal (BELLA > deḋḋa). O seu léxico é produto dunha rerromanización tras o paso dos árabes, e contén hispanismos (criata, ‘criada’) e galicismos (custurieri, ‘xastre’), así como concomitancias co calabrés.

  3. arte siciliana [ARTE]

    Arte desenvolvida en Sicilia. O Paleolítico Superior está ben representado con pinturas rupestres en San Teodoro, Trapani e a illa de Lavanzo, e o Neolítico en Stentinello. Coa chegada dos colonizadores gregos fundáronse numerosas cidades e construíronse os conxuntos monumentais conservados en Siracusa, no chamado val dos templos de Agrigento, en Selinunte, en Segesta ou en Taormina. A partir do s V deixouse sentir a presenza bizantina que, despois da invasión dos árabes e coa chegada dos normandos, culminou coa realización da arte sículo-normanda. De época barroca destacan os palacios de Palermo ou Siracusa.

  4. escola siciliana [LIT]

    Movemento poético que se desenvolveu durante o s XIII na corte de Federico II e dos seus fillos. O seu nome foille dado por Dante (De vulgari eloquentia), tanto pola orixe de moitos dos seus poetas como pola súa linguaxe, basicamente siciliana. Destacaron Odo della Colonne, Guido delle Colonne, Pietro delle Vigna, Giacomino Pugliese ou Iacopo d’Aquino.

Palabras veciñas

Sicilia, José María | siciliana | Siciliano | siciliano -na | Sición | sicixia | Sickel, Theodor von