sífilis

sífilis

(

s f [PAT]

Enfermidade infecciosa crónica, de transmisión sexual, que está causada pola bacteria Treponema pallidum. Evoluciona en tres períodos: o primario, que comprende o chancro de inoculación, acompañado por adenopatías rexionais; o secundario, que se inicia tras seis ou sete semanas e que se caracteriza por unha erupción cutánea (ou mucosa) xeneralizada, e o terciario, que se caracteriza por lesións viscerais escleróticas, especialmente localizadas no fígado, no esqueleto, na aorta e no sistema nervioso. Transmítese xeralmente por contaxio directo ou sexual (sífilis adquirida), ou de nai a fillo (sífilis conxénita). A súa diagnose confírmase mediante diversas reaccións serolóxicas (de Wasserman, VDRL, proba de Nelson, entre outras). OBS: Tamén se denomina gálico, lúes, mal cativo, mal francés e mal ruín.