sifón

sifón

(

  1. s m
    1. Tubo curvado que serve para facer pasar o líquido dun vaso a un nivel máis baixo pasando por un nivel máis alto.

    2. [MED]

      Tubo curvado que se emprega para transferir líquidos, limpar cavidades ou facer drenaxes.

    3. [ENX]

      Conduto ou túnel en forma de U invertida que xeralmente forma parte dunha condución forzada e permite salvar un río, unha canle ou unha depresión do terreo, pasando por debaixo.

  2. s m

    Parte dun tubo, de chumbo ou de plástico, en forma de S, que conecta o lavabo, o vertedoiro ou lavadoiro co seu desaugadoiro e que, ao reter sempre unha cantidade de auga que o obtura, impide o paso do olor dos sumidoiros.

  3. s m
    1. Recipiente a presión con tapón provisto dunha válvula que se abre accionando unha pequena panca e que contén auga carbónica artificial.

    2. Auga carbónica artificial, especialmente a contida ou preparada en sifóns.

  4. s m [ZOOL]
    1. Expansión tubular da parede da cavidade paleal de certos moluscos gasterópodos, que serve para dirixir cara ás branquias a auga aspirada.

    2. Tubo muscular que está situado no centro da rexión ventral dos moluscos cefalópodos.

    3. Filamento que perfora todos os septos da cuncha dos moluscos nautiloideos, e chega ata a primeira cámara.

    4. Tubo que se atopa na cavidade paleal nos moluscos lamelibranquios e que serve para o intercambio de auga.

  5. s m [BOT]

    Célula ou cenocito tubular.

Palabras veciñas

sifilográfico -ca | sifiloide | sifiloma | sifón | sifon(o)- | sifonado -da | sifonal