Sigfrido
Sigfrido
[LIT]
Heroe das lendas escandinavas, como o Edda ou a Volsungasaga, co nome de Sigurd, e xermánicas, como Nibelungenlied. Venceu ao dragón Fafnir, namorado da valquiria Brunilda, pero baixo a influencia dunha poción casou con Gudrun, e Brunilda, en vinganza, fíxoo matar e acabou lanzándose á pira funeraria do heroe.