signo
(
-
s
m
-
Aquilo que por convención ou relación natural representa algo.
-
Carácter que se emprega na escritura e na imprenta.
-
[MAT]
Símbolo que se emprega para indicar unha operación ou caracterizar unha magnitude. Entre os máis correntes están o signo de sumar (+), o signo de restar (-), o signo de multiplicar (x), o signo de dividir (:) e o signo radical (√).
-
[FILOS]
Sinal, sobre todo de carácter verbal, mediante o que, no ámbito da comunicación e nun contexto globalmente informativo, se representa algo ou se establece unha relación con outra cousa. Das diferentes distincións establecidas entre tipos de signos destaca a feita por Sexto Empírico entre signo suxestivo e indicativo, e entre signo natural e convencional, que presenta o problema do carácter específico que a linguaxe ten como signo. Entre as interpretacións dadas sobre o valor dos signos están a tradicional-realista, a nominalista e a convencionalista. Respecto ao carácter relativo e relacional do signo, acéptase que os signos en relación con eles mesmos ou outros signos son obxecto da gramática e da sintaxe; que en relación co significado son obxecto da lóxica e da semántica, e subdivídense en signos icónicos, índices e símbolos; e que en relación co suxeito interpretador son obxecto da retórica e da pragmática, que é en xeral o obxecto da semiótica. Á parte da interrelación do signo co símbolo e a diferenciación entre signo e significación, hai que destacar as funcións simbólica e emotiva dos signos.
-
[RELIX]
Sinal, acontecemento ou palabra que se interpreta como a manifestación e presenza do transcendente ou divino. Entendido como algo de valor superior ao do puro símbolo, o signo é a base de toda a concepción sacramental do cristianismo.
-
[MÚS]
Cada un dos sinais gráficos que complementan as notas dunha partitura e permiten facer unha interpretación correcta dela.
-
[MED]
Fenómeno que, recoñecido polo médico no organismo do enfermo e apreciado por el, é de interese para establecer a diagnose ou a evolución dunha enfermidade.
-
-
s
m
[ASTRON]
-
Cada unha das doce partes en que se considera dividido o zodíaco.
-
Cada un dos signos descendentes do zodíaco polos que pasa o Sol desde o solsticio de verán ata o solsticio de inverno. Estes signos son: Cáncer, León, Virgo, Libra, Escorpión e Saxitario.
-
-
s
m
Movemento, acción ou xesto co que se dá a coñecer algo.
-
signo linguístico
[LING]
Termo empregado polo lingüista suízo F. de Saussure para designar a asociación dun concepto significativo, ou significado, e unha imaxe acústica, ou significante. Cada signo, polo tanto, presenta un lado semántico e un fonolóxico. Saussure atribuíulle ao signo unha natureza formal, oposicional e sistemática, como parte dunha organización de relacións a diversos niveis. A lingua é un sistema de signos.
-
signo óptico
[FÍS]
Propiedade dos minerais anisótropos transparentes cando, cortados en láminas finas, son observados cun microscopio con luz polarizada (paralela ou converxente), prismas de Nicol cruzados e un compensador intercalado no tubo do microscopio. Isto débese á diferenza de velocidade que teñen os raios ordinario e extraordinario ao atravesar o cristal, e recibe a cualificación de positivo ou negativo segundo o índice de refracción do raio extraordinario sexa máis grande ou máis pequeno ca o do raio ordinario.