silencio

silencio

(< lat silentĭu)

  1. s m

    Ausencia de todo son ou ruído.

  2. s m

    Feito de estar alguén sen falar e sen facer ruído.

  3. s m

    Feito de non expresar alguén a súa opinión ou algunha información.

  4. s m [ZOOL]

    Cada un dos dous intervalos que separan os ruídos cardíacos.

  5. s m [MÚS]
    1. Breve intervalo que indica a ausencia de música e canto.

    2. Signo gráfico posto no pentagrama para indicar a interrupción do son. Na notación actual correspóndelle a cada figura de duración un signo de silencio.

  6. silencio administrativo [DER]

    Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou un recurso que lle foi presentado. Constitúe un acto administrativo de omisión, que pode ser positivo (efecto estimatorio) ou negativo (efecto desestimatorio).

Refráns

  • As veces o corazón fala, anque a lingua cala.
  • Está a casa sen roído, cando están os porcos no enxido.
  • Galo que non cacarexa non se sabe por onde anda.

Palabras veciñas

Silberner Bär | silenciador -ra | silenciar | silencio | silencioso -sa | Silene | sileno